No tellado de Serra Poñente

Seguimos ca obra en Serra Poñente, Cangas. Agora están co encofrado da lousa da cuberta e xa se pode apreciar o volumen da vivenda.

150115 comparativa

Cando empezas un proxecto sempre entra a dúbida de se ó pasar das escalas de traballo á realidade non se perderán as proporcións; e de se o plantexado no papel terá correspondencia na realidade.

Vendo como avanza a obra parece que mereceu a pena as horas e esforzo dedicados. Dende o primerio boceto ata o proxecto final houbo moitos cambios, axustes, avances e retrocesos. Materializados en maquetas, descartaban ou validaban según que cambios. E axudaban a recrear o que debería ser o volumen final.

Nestas visitas á obra produce gran satisfación comprobar que aqueles modelos a escala que cabían na palma dunha man poden aventurar o resultado final.

Polo tanto, hai unha parte de alivio e outra de satisfacción ó ver que todo se desenrola según o imaxinado.

150115 ID02