estudio miúdo

Diccionario da Real Academia Galega

miúdo -a adx. 1. De pequeno tamaño, con pouco volume. Desfai o pan en anacos miudiños. O orballo é unha chuvia miúda pero que molla. 2. Pequeno e delgado [persoa, parte do corpo]. Un rapaz moi miúdo. Tiña unha cara miudiña que a facía simpática.

Polo miúdo. loc. adv. 1. Con moito detalle, de forma minuciosa, punto por punto. Contoulle polo miúdo a historia da súa familia. Foi analizando polo miúdo toda a información que lle ofreceron.